A garda civil investiga a morte dunha anciá de 88 anos na súa casa de Arteixo. Foi o seu fillo o que alertou esta madrugada a Garda civil de que a ía matar e que logo se suicidaría. A anciá que levaba anos encamada non presentaba sinais de violencia polo que de momento se descoñece a causa exacta da súa morte que revelará a autopsia // O Ministerio de Fomento vai licitar este mesmo mes de maio as obras de ampliación da Ponte de Rande e tamén as de mellora da circunvalación de Santiago na mesma Autoestrada do Atlántico á que pertence a ponte de acceso a Vigo // O laboratorio de toxicoloxía de Santiago axiliza os traballos para ter canto antes a análise da mostra de saliva do conductor da excavadora involucrado no accidente de autobús de Badaxoz no que morreron cinco rapaces. 12/05/14