Loito en Becerreá pola morte por disparos dunha escopeta de caza dunha muller de 40 anos a mans presuntamente da súa parella e en presenza dos dous fillos de 16 e 17 anos. Morre o dono dun ciber de Marín como consecuencia dos golpes que recibíu a mans de tres clientes que lle pedirán que lles gravase uns CDs, ao que el se negou por tratarse dunha actividade ilegal. As herdenzas transmitidas en vida non tributarán a Facenda como ganancia patrimonial. Recoñécello o Tribunal Supremo a un contribuínte galego. A xunta propón trasladar todos os xulgados de Vigo ao edificio do antigo hospital xeral, agora baleiro ao abrirse o Álvaro Cunqueiro. O Celta despídese da Copa coa cabeza alta, tras empatar a dous contra o Sevilla en Balaidos. A Garda Civil achou nunha vivenda do Porriño caimáns, serpes pitón e outros animais exóticos. (12/02/16)