Acción conxunta de gandeiros galegos fronte a industrias lácteas. Protestan pola diferenza entre os prezos que esas compañías pagan polo leite, e a constante suba dos custes de producción, que lles impide, DIN obter unha mínima rendibilidade nas suas explotacións. // As autoridades sanitarias amosan a sua preocupación polo aumento de casos, sobre todo na cidade de Ourense, e barallan esixir o pasaporte covid para acceder a determinadas instalacións ou eventos. Anunciouno o Presidente da xunta na rolda de prensa posterior á reunión do Consello. // No Porriño, segue adiante a operación para derrocar a alcaldesa socialista Eva García de la Torre. A marca local de Esquerda Unida ten previsto sentarse mañá a negociar co PP o apoio á moción de censura. // Unha das feiras tradicionais con mais afluencia polo San Martiño é a de Teo, preto de Santiago. Unha romaría da que hai constancia dende o século XVI, e que volve á  normalidade con cabalos, polbo e zocas. 11-11-2021