Todo listo no pazo de congresos da Coruña, transformado en tribunal, para acoller a partir do próximo martes o maior proceso xudicial de Galicia. Comeza o xuízo do Prestige. Agárdase que a vista se prolongue uns oito meses. // Na campaña, tras os debates, os principais candidatos retoman o contacto máis directo cos electores. // Xunta aprobou un plan para darlle pulo á tecnoloxía en Galicia coa creación de 300 empresas innovadoras. O programa está dotado con 80 millóns de euros, que aportará maioritariamente a iniciativa privada. // Científicos de Vigo estudan novas especies de peixes adecuadas para a acuicultura. // A Banda Crebinsky presenta novo disco, ¿Jet Lag¿, con temas de "folclore imaxinario". 11/10/12