Aumenta a preocupación pola situación sanitaria na área da Coruña, onde os contaxios ascenden a 406, máis da metade dos detectados en toda Galicia, incluidos tres usuarios dunha residencia de maiores. A Xunta reforza os equipos de diagnóstico cun novo autocovid no Ventorrillo // A incidencia da Covid-19 sobe tamén en todalas demáis areas sanitarias de Galicia, ata un total de 740 casos, 70 máis que onte. O número de pacientes ingresados en unidades de hospitalización elévase a 31 e seguen 2 na UCI // A fiscalía da Audiencia Nacional abre dilixencias por unhas declaracións de Ana Pontón do 25 de xullo, a raíz dunha denuncia que as considera delito de inxurias á Coroa. A portavoz do BNG defende o dereito de critica a Monarquía e á liberdade de expresión. 11/08/20