O goberno presentou unha demanda contra a familia Franco para reclamar a devolución do pazo de Meirás. Baséase en que o ditador simulou que  comprara o pazo para el en 1941, cando xa  fora mercado tres anos antes para residencia do xefe do Estado // A Xunta aproba ampliar a hospitalización a domicilio para enfermidades crónicas avanzadas e coidados paliativos. Pasa de atender na casa do 75% do territorio a toda Galicia e todos os días, en vez só de luns a venres // O xogo por internet é un dos problemas que máis medra nos centros educativos xunto co acoso escolar e as drogas // Para informar sobre a gravidade desa contaminación, despréganse campañas en 10 praias e 7 festivais de música da provincia de Pontevedra // Máis de 1.500 persoas acoden dende hoxe ao congreso Mundos Dixitais, na Coruña, onde poderán aprender dos mellores deseñadores de animación e efectos e ata atopar traballo // Festivo hoxe en moitas localidades, na honra de San Bieito 11/07/19