O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, considera que a petición de axuda a Europa para sanear o sistema financeiro español é a menos mala das alternativas posibles. // Nos últimos tres anos creáronse 5.500 novas prazas públicas en escolas infantís e centros de día. // Os centros tecnolóxicos da automoción, o metal e as conservas alíanse na principal institución privada galega de innovación. // Máis de 30.000 persoas piden na rúa, en Ferrol, medidas que garantan o futuro do sector naval da comarca. // O Lugo, máis preto de ocupar en Segunda A un dos postos que deixaron Deportivo e Celta. // Recordamos ao Galatea, o buque escola antecesor do Juan Sebastián el Cano. (11/06/12)