Uns dez mil galegos sofren parkinson, a segunda enfermidade neurodexenerativa máis frecuente // Na sesión de control no parlamento Núñez Feijóo defendeu ao expresidente Albor das críticas de Luís Villares ao expresidente da Xunta // O pleno do Concello da Coruña aproba que se revise todo o concurso de compra de vivenda con fins sociais polas irregularidades detectadas // O presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos destitúe ao seu vicepresidente, Manuel Martínez por votar en contra do seu grupo // Un xulgado de Vigo obriga a un extoxicómano a deixar as drogas o cabelo longo para evitar ir a prisión // O Consello Regulador de Augardentes e Licores de Galicia estima que cada ano se venden en España 13 millóns de botellas de destilados ilegais co falso reclamo de que son caseiros. 11/04/18