Volven os tractores a rúa, os gandeiros retoman hoxe as protestas porque seguen a reclamar prezos por riba dos custes de producción polo leite que venden as industrias. Din que, tralo acordo asinado a principios do outono para dar estabilidade ao sector, o leite é máis caro nos supermercados pero que eles seguen cobrando o mesmo ou pouco máis // A Xunta aprobou unha campaña de vacinacion a mulleres embarazadas. Comezará neste mes en todos os centros de saúde, coa recomendacion de vacinarse preferentemente nas semana 32 de xestacion. O consello tamén aprobou destinar 6 millons de euros pra facer unha nova estacion de autobuses en Santiago., integrada coa do ferrocarril // A dirección da planta de Citroen de Vigo plantexoulle ao Concello a súa preocupaciòn porque a anulación do Plan Xeral da cidade polo supremo non lle afecte á ampliación das instalaciòns para a fabricación do novo vehículo K-9. O Alcalde, Abel caballero, estima que non haberá problema. 10/12/15