Xa está en porto, para ser reparado, o pesqueiro "O Genita", do que boa parte dos seus tripulantes son de Ribeira. Tivo que emitir un aviso de socorro, a madrugada pasada logo de que un golpe de mar rompera unha fiestra da ponte. Os 16 membros da tripulación están sans e salvos // Pais de adeptas e antigos membros da Orden y Mandato de San Miguel Arcángel, descabezada pola diocese de Tui, describiron hoxe os supostos abusos sexuais aos que o fundador da orde, Miguel Rosendo Dasilva, sometía ás mulleres consagradas // Xa está en marcha o Centro de Emprendemento de Galicia, que funciona na Cidade da Cultura, en Santiago. Inaugurárono O Presidente da Xunta e o de Telefónica, empresa que impulsa medio cento de proxectos de apoio a empresas inovadoras e nos que traballan xa 150 emprendedores. 10/12/14