Declara como imputada na Operación Patos a exdelegada da Xunta en Vigo, María José Bravo. É a primeira dos cargos políticos citada neste caso que negou ante a xuíza que mediara para a concesión de obras á empresa Eiriña epicentro desta trama // Xulgados dous gardas civis por tentar extorsionar a dona dun clube de alterne da localidade coruñesa de Carballo. Un deles era o cabo do posto de Ponteceso e o fiscal acúsao de pretender recuperar parte dos case 2.000 euros que gastara, nunha noite nese local de alterne. Unha pretensión na que tería contado, segundo o acusador público, co apoio dun superior do posto de Carballo, tamén encausado // Coa proximidade de nadal vai aparecendo xa nas lonxas e mercados o centolo. De momento, a campaña da súa pesca só comenzou nas Rias Baixas. Os mellores exemplares pagáronse a 18 euros o quilo. 10/11/15