Satisfacción entre os milleiros de propietarios de vivendas ao carón do litoral que agora van poder ser legalizadas, a raiz da lei aprobada, no Congreso dos Deputados. Onde hai diferenzas de valoración é respecto á posible legalización de industrias coma ENCE, situadas ao carón da costa e que agora ven aberta a posibilidade de prórroga da súa autorización // Concluido o estudo das lamas do fondo da Ría do Burgo. Agora esa análise servirá para redactar o proxecto para a súa recuperación ambiental. A limpeza e dragado podería comezar a finais do ano que ven // O Consello da Xunta puxo en marcha os Grupos de Emerxencias Supramunicipais que se van ocupar das que se produzan en todo o territorio, e tamén de combater os incendios forestais. 10/05/13