As praias e demais zonas turísticas ultiman os preparativos para recibir visitantes nestas próximas vacacións de Semana Santa, logo dos temporais do inverno. E o caso da coruñesa de Miño.  Tamén en Muxía, onde, nun deses temporais,  ardeu o santuario da Virxe da Barca.Segue baixo custodia xudicial o corpo de Alexandre NKeitha logo de que fora recuperado polos mergulladores no interior do Mar de Marín. A súa muller viaxa dende Ghana. Hoxe seguen buscando ao único tripulante que continúa desaparecido, o patrón.  A Xunta vaille pedir ao Ministerio que cambie o anteproxecto de lei de reforma da xustiza e que garanta a permanencia das sedes xudiciais nas sete principais cidades galegas e non só nas capitais de provincia. (10/04/14)