Conmoción na comarca coruñesa de Ordes pola morte de dous mozos nun accidente de tráfico. O vehículo no que viaxaban caeu a un río despois de tomar unha curva a gran velocidade e sair despedido varios metros polo aire. O presidente da Xunta e a alcaldesa de Lugo coincidiron hoxe na necesidade de reivindicar a chegada do AVE a esa cidade. Alberto Núñez Feijóo tratou con Lara Méndez sobre diversos investimentos da Xunta en Lugo, entre os que destacan o servizo de Radioterapia e Hemodinámica. Unha semana despois dos ventos afuracanados dos últimos temporais continua a reparación e avaliación dos estragos que causou. Danos polos que estes días están desbordadas as compañías de seguros con todo tipo de reclamacións. (10/02/17)