O presidente do Goberno anuncia para decembro a chegada do AVE a Galicia, na clausura do congreso que reuníu na illa da toxa a representantes políticos e economicos para abordar os retos da recuperación. // No día internacional das persoas maiores, deixan sentir as suas protestas nas rúas colectivos como os pensionistas. Pero poñen tamén sobre a dixitalización dos servizos bancarios, o modelo de residencias e melloras na atención sanitaria. // Máis de trinta esculturas descubertas durante os traballos de rehabilitación da Catedral de Santiago nos últimos anos. As obras, de orixe medieval, Foran utilizadas como recheo do pavimento nas reformas do séculos XVII. // O Festival Portamérica, trasladado a Azucreira de Portas, marca dende hoxe o regreso das grandes citas musicais con público de pé, ainda que con con máscara e medidas para garantir a distancia. No cartel, grupos como Vetusta Morla, e a reunión 13 anos despois de Delux, a antiga banda de Xoel López. 01-10-2021