Comezou a folga de 48 horas convocada na sanidade galega contra as fórmulas de xestión da Xunta. Segundo o SERGAS está ser secundada polo 22% do persoal mentres os sindicatos CC.OO. e CIG calculan o seguimento no 80% // Hoxe está previsto que os investidores interesados en entrar no capital da multinacional pesqueira presenten as súas ofertas, para avanzar na negociación da quita da débeda // Remata a viaxe oficial do presidente da Xunta a Cuba, a primeira dun dirixente do PP desde que Mariano Rajoy é presidente. Catro días cunha apretada axenda e contactos ao máis alto nivel. 09/12/13