Continúa o aumento de casos activos, que rondan os 800, coa área Sanitaria de Ourense como a máis afectada. A Xunta recoñece preocupacion e non desbota recuperar a esixencia de certificado covid para a hostalaría. O vindeiro luns reabren os centros de vacinación masiva para a dose extra dos que recibiron Janssen e a dos maiores de enre 70 e 79. // Un xulgado de Betanzos arquiva actuacións contra as 17 persoas que en agosto do 2017 entraron no Pazo de Meirás e despregaron pancartas. Eran afiliados do BNG e do sindicato CIG, que pedían deste xeito a devolución do inmoble. Foran denunciados pola familia do ditador. O xuiz dita que non se pode determinar a responsabilidade de cada un deles, nin por xunto nin por separado. // A vocalista estadounidense Cecile McLorin e o seu quinteto actúan esta noite no Auditorio Afundación de Pontevedra Un concerto, moi atractivo para os amantes do xénero,incluído no ciclo "Xacobeo Importa"e na minixira da artista por España. (09/11/2021)