Inditex, o xigante da moda e a distribución con sede en Arteixo, segue medrando. O ano pasado superou os 20 mil millóns de euros en vendas en todo o mundo e incrementounas un 15%, respecto ao exercicio anterior // Navantia podería construir dous barcos loxísticos para a Armada australiana, que suporían catro anos de traballo para os estaleiros da ría de Ferrol. A empresa pública é favorita fronte á coreana Daewoo para conseguir o contrato. Podería pecharse antes do verán // O constructor que fixo a reforma do piso do secretario xeral dos socialistas galegos négase a declarar ante a xuíza Pilar de Lara que instrúe o caso Garañón. A maxistrada tamén citou hoxe como investigado o promotor inmobiliario José Antonio Díaz que negou que tivese cometido irregularidades na venda da parcela do Garañón a outro constructor. 09/03/16