Os pacientes ingresados son 39 menos que onte, e baixa tamén a ocupación das UCi, que quedan cun total de 248 enfermos. A terceira parte concéntranse no Hospital Clínico da Coruña. Os expertos advirten que a letalidade do virus non decrece.. / A maioría dos Mobles e aparatos eléctricos deberán ser reutilizados en vez de tiralos e os envases terán que ser reciclados. Así o recolle a nova lei de resíduos aprobada no parlamento, cos votos do PP, para evitar o malgasto e reducir a contaminación. Establece a obriga de que os restaurantes ofrezan as sobras aos clientes para que poidan levalas. // A Consellería de Medioambiente asegura que o lobo matou o ano pasado 2.400 cabezas de gando en Galicia. O ministerio de Transición Ecolóxica asegurou que seguirá adiante coa prohibición total da caza. 09-02-2021