Últimas horas de descanso para as persoas que puideron disfrutar da ponte. As desta tarde agárdase que sexan horas de moito tránsito ante as que compre extremar a precaución xa que se prevé que se produzan boa parte dos máis de medio millón de desprazamentos previstos por tráfico // Preocupación en Santiago polo aumento dos roubos en vivendas no entorno norte da cidade. Duas bandas de ladróns estarían detrás dos asaltos a varias casas nos últimos días. Entre os inmobles que foron desvalixados están os de dous policías e un garda civil residentes na capital galega // E de Asia procede un insecto que pode ser o responsable de que se reduza e moito a producción de castaña ou madeira de castaño nos próximos anos. Poden ser algunhas das consecuencias da avespiña do castiñeiro, un pequeno e exótico insecto que foi localizado por unha investigadora do Campus de Lugo. 08/12/15