O Deportivo negocia con Facenda para que esta lle levante o embargo dos ingresos do club para pagar ás débedas da entidade coruñesa, cifradas en 34 millóns de euros. // Alfonso Rueda di que a viaxe de Feijóo a Brasil busca ofrecer os servizos das industrias navais galegas nos lugares nos que neste momento proxectan construír buques. // Sae da fábrica de Citroen de Vigo o coche número once millóns. Trátase dun dos novos modelos de prezo económico dirixidos aos mercados emerxentes, que se montan aquí en exclusiva. // O Complexo Hospitalario Universitario de Santiago é unha das cinco empresas galegas que este ano foron galardoadas cos premios "Líderes en Calidade" que outorga un organismo certificador da Xunta. // Unha pantalla para atender aos maiores a distancia. É un dispositivo de tele asistencia desenvolvido e patentado pola Universidade da Coruña, tras dez anos de investigación. // Algas: Nas costas de Galicia recóllense cada ano mil toneladas. (08/11/12)