A loita política por acceder ao Parlamento Galego, en plena efervescencia, pese a estarmos en pleno agosto. Os datos aportados polas enquisas, segundo os que podería darse un empate entre o PP e a suma de todos os grupos da oposición de esquerdas non fán máis que avivar o enfrontamento // A Secretaria de Análise Política de Podemos, a galega Carolina Bescansa apúnta á posibilidade de que a súa formación se presente en solitario ás eleccións galegas do 25 de setembro. Unhas declaracións realizadas esta mañá logo de que os representantes de En Marea lle deran á formación morada un prazo de 48 horas para integrarse ou presentarse por separado neses comicios // O histórico líder nacionalista, Xosé Manuel Beiras anuncia por twitter que rematou o seu periplo parlamentario. O voceiro de Anova de 80 anos e con máis de 40 na política dí que está cumprido, ao tempo que nesta rede social dá o seu aval ao candidato á Xunta de En Marea, Luis Villares. 08/08/16