O rebrote da Mariña suma 23 novos positivos, o que fai un total de 144 contaxios activos detectados ata agora. O 90 por cento deles concéntrase nos concellos de Burela, Foz e Xove. O resto da comarca, cunha incidencia moito menor, confía en volver pronto á normalidade // No conxunto de Galicia os casos activos de Covid-19 baixan a 245, 11 menos que onte, pese ao incremento correspondente á Area sanitaria de Lugo na que os positivos ascenden a 166. Hai sete hospitalizados, as UCI seguen valeiras e non se rexistran falecementos dende o 10 de xuño // O Pazo de Meirás foi adquirido mediante un documento de venda simulada. Así o declaran os expertos no xuízo sobre a propiedade do edificio que se celebra na Coruña. Mentres, A Familia Franco pon a venda a Casa de Cornide, reclamada polo concello. 08/07/20