Gran parte de Galicia queda libre das franxas horarias para as saídas a rúa dos distintos grupos de poboación, O goberno admite a petición da Xunta de excluir da normativa os núcleos de menos de 5.000 habitantes // Os locais adáptanse ao cambio das condicións de confinamento. As cidades peonalizan ruas para favorecer o mantenemento da distancia social co aumento da mobilidade, ante o previsible paso a Fase 1 da desescalada // Os prazos da campaña da declaración da renda seguen adiante pese ao estado de estado de alarma. A oficinas da Axencia Tributaria atenden aos contribuíntes por teléfono e con cita previa. Mentres, o traballo de xestorías e asesorías aumenta estes días tamén por outros trámites relacionados coa crise do covid 19. 08/05/20