O que estivo considerado como o maior contrabandista de tabaco, Marcial Dorado, é xulgado dende hoxe por branqueo de cartos nun xuizo na Audiencia Nacional // Os traballadores de Navantia de Ferrol manifestáronse hoxe para demandar máis carga de traballo para a factoría, logo do anuncio da construcciòn dun barco para a Armada. Din que non é dabondo para darlle ocupación a todo o cadro de persoal // A Xunta pón en marcha un centro de emprendemento que funcionará  nun dos edificios da Cidade da Cultura, en colaboración coa empresa Telefónica. Prevese que empece a funcionar este verán  e tratará de atraer aos mellores especialistas no campo das tecnoloxías das comunicacións. Tamén se aprobou a conxelación das taxas universitarias para o curso que vén. 08/05/14