Tres camións arderon, a pasada noite ao carón das instalacións da empresa leiteira Logística Alimentaria, en Outeiro de Rei, en Lugo. A Garda Civil investiga a autoría dos feitos. Nos últimos días un grupo de gandeiros protestaran, cos seus tractores diante desta factoría. A xunta prepara un plan especial de protección do parque nacional das Illas Atlánticas. Anuncionou a conselleira do mar na reunión da comisión de seguemento do plan contra a contaminación mariña accidental. Un plan que leva funcionando catro anos nos que se tivo que activar en catro ocasións e que agora será revisado. A policía nacional e a garda civil deteñen 13 persoas que integraban unha rede que traia cocaína a España en veleiros e camuflada en bombonas e baterías. A chamada operación contramaestre iniciouse en outubro de 2014 cando a policía nacional soubo de que o ía facer un grupo afincado en Galicia. (08/04/16)