Condenado en Lugo un mozo ó que a sua ex parella acusaba de malos tratos. Nunha ocasion, tendo xa roto a relacion, el retívoa dentro do coche, e a moza tirouse do vehículo en marcha, por temor aos malos tratos.Hoxe, no xuizo, os avogados das duas partes chegaron a un acordo, e o mozo foi condenado a un ano de carcere. A pena que lle pedían inicialmente era de cinco anos // Diminuen os asentamentos chabolistas de xitanos en Galicia segundo o valedor do pobo que detectou 30 casos de discriminación de membros desa comunidade no ultimo informe anual // Representantes desa comunidade negan que exista hoxe a chamada LEI XITANA, e din que cando se aplica É ILEGAL // O Celta visita esta noite ao Granada, un equipo que, na casa, quere reivindicase logo da impresionante malleira de 9 goles a 1 que lle meteu o Real Madrid. E o Deportivo recibe en Riazor ao colista, o Córdoba, un partido que debe gañar para pensar na permanencia. Leva 7 xornadas sen coñecer a vitoria. 08/04/15