Día de temporal duro, sobre todo no mar, onde se anuncian olas de oito e nove metros, na caída desta tarde. Será a partir das seis cando entre en vigor unha alerta vermella nas costas da Coruña e Lugo // Salvamento Marítimo puxo ao abrigo un buque cargado con productos químicos que se vira en problemas cando navegaba fronte a Fisterra. O Buque, o "Husseyn Javid" está xa fondeado a unha milla da costa a onda foi levado polo remolcador Don Inda, logo de pedir axuda cando navegaba rumbo a Amsterdam, transportando productos químicos e gasolina // En Laza desenvolveuse este mediodía, sen choiva, a tradicional farrapada. Trapos enlameados voaron entre as ducias de asistentes, tinguindo as roupas e facianas de veciños e visitantes. 08/02/16