14.000 coches agardando embarque. É a terminal portuaria de Bouzas, en Vigo, que estes días presenta unha gran actividade de transporte de vehículos para a exportación. // Galicia perdería un 40% de fondos comunitarios se vai adiante a proposta do presidente do Consello Europeo. // Os mozos de ata 30 anos que están en paro poderán optar a un contrato de formación de entre un e tres anos de duración nunha empresa. // Xornada de máxima esixencia para os equipos galegos de Primeira. En Segunda o C.D. Lugo recibe o Sporting con tódalas localidades vendidas. // Propoñen a David Cal como candidato aos premios Príncipe de Asturias, mentres o medallista olímpico e o seu adestrador, Jesús Morlán, preparan a súa marcha a Brasil. // Mañá comezan os días grandes do Entroido. (08/02/13)