Os contundentes resultados das eleccións en Venezuela, onde a oposición derrotou claramente ao chavismo son seguidos con interés dende Galicia e pola gran colonia galega residente naquel país // O deputado provincial de Lugo expulsado do PSOE, manuel Martínez, recibiu hoxe o apoio do PSdeG-PSOE para sair elexido Vicepresidente de Suplusa, unha sociedade pública que xestiona 6 millóns de euros anuais. Un cargo para o que tamén recibiu o apoio do Partido Popular e para o que contou coa oposición do BNG, socio de goberno dos socialistas na institución provincial // O Teucro, o equipo de balonman de Pontevedra conta cun masaxista con síndrome de Down. Miguel tén 23 anos, estudou quiromaxe e esta temporada axuda ao fisioterapeuta do clube, pendente do estado físico de todos os xogadores. 07/12/15