Así quedou a casa consistorial da localidade ourensá de Beade. Alí, un artefacto explosivo estoupaba a pasada mañanciña causando cuantiosos danos materiais, ainda sen avaliar. Por sorte, non provocou desgrazas persoais. A Xunta asina con sete entidades financeiras un convenio para que os impagos de hipotecas non rematen en desafiuzamentos. Un acordo que tamén vai implicar aos concellos. A Conselleira de Facenda destacou que servirá para que os bancos recoñezan á Xunta coma mediador neses procesos.Xa están listos para empezar a traballar os 435 auxiliares de conversa que lles van axudar a practicar os idiomas que aprenden os escolares galegos. Mañá estáran xa nos centros educativos onde estes recén licenciados ou estudantes nativos colaborarán no ensino de 5 idiomas extranxeiros. O Celta perde 2 a 1 fronte ao Atlético nun partido no que os vigueses non reacionaron ata a segunda parte e no que foi o porteiro, Yoel, o que mantivo vivo ao equipo. En Segunda tampouco houbo fortuna p