Julio García Comesaña, físico experto en xestión sanitaria, sustitúe a Jesús Almuíña. e María Jesús Lorenzana, letrada da Xunta, faise cargo da nova consellería de Emprego e Igualdade. Son os rostros que se incorporan ao novo goberno de Núñez Feijóo que hoxe tomou posesión..// Socialistas e BNG destacan os relevos en Sanidade e Educación como un recoñecemento por parte de Feijoo do fracaso na xestión destas materias. //As asociacións de nais e pais dos colexios públicos apoian á folga convocada no ensino para o comenzo do curso. Comparten as críticas dos sindicatos de profesores contra o protocolo de reinicio das clases por non garantir a distancia de seguridade // O rexistro da Covid-19 en Galicia continúa en aumento, con 68 casos activos máis, ata un total de 4.243. Nas últimas 24 horas os novos contaxios ascenden a 214 e hai que sumar tres persoas máis a lista de falecementos. 07/09/20