O aumento de contaxios, sobre todo entre os mozos, leva ao Comité Clínico a medidas como o peche de parques, praias e outros espazos habituais de botellón, a partir das 12 da noite. Tamén fai un chamamento a participar nos cribados masivos dirixidos a este grupo de poboación // No novo mapa de restricións, dez concellos pasan a nível medio e no alto, a parte do concello de Sarria, o comité clínico decidiu incluir aos de Vilagarcía, A Illa de Arousa e Cambados. Restricións que entrarán en vigor o próximo sábado. // Retorno a Tagen Ata, unha das máis emblemáticas obras de Xosé Luís Méndez Ferrín, cumpre 50 anos. Con tal motivo a banda de metal Dioivo fai unha homenaxe a este clásico da literatura galega. No tema que o dúo vigués acaba de editar participa o propio escritor. 07-07-2021