A Xunta aprobou axudas para a reforma de baños e cociñas. Prevé beneficiar a 5.000 familias, que terán un desconto do 40 % no custe de reforma e de man de obra. O consello tamen autorizou crear a memoria dixital de Galicia para garantir a conservacion de todos os arquivos e a sua maxima difusion e acceso. Xulgados en Vigo os 16 mariñeiros acusados dos disturbios que se rexistraran nunha manifestación da frota do cerco hai dous anos. Un acordo entre as partes rebaixoulles a pena de 3 anos que pedía o fiscal a seis meses de prisión. Un deles foi ademais condenado a pagar unha multa e a indemnizar a dous policías aos que feriu durante a protesta. O xogador do Deportivo Manuel Pablo colga as botas com futbolista. Aos seus 40 anos o canario deixa a competición pero non se desvincula do clube coruñés. O Depor anunciou nun comunicado que formará parte da dirección deportiva do equipo que hoxe comezaba oficialemente a pretemporada. (07/07/16)