Os traballadores de Ence celebran a decisión do Tribunal Supremo, que permite a fábrica de Celulosa seguir na sua actual ubicación na Ría de Pontevedra ata 2073. // Sucédense en toda Galicia mostras de condena e solidariedade cos familiares de Beatriz Lijó, a muller que foi asasinada en Baiona, diante dos seus fillos menores. // A Plataforma SOS Sanidade Pública presenta no Parlamento máis de 50 mil sinaturas en apoio dunha iniciativa lexislativa popular de medidas urxentes para a Atención Primaria. // Case a metade dos peregrinos que fan o Camiño de Santiago teñen como principal motivo a busca de espiritualidade e de novas experiencias, segundo un estudo elaborado pola Universidade de Santiago, por encargo da diócese compostelá. 07-02-23