Máis dun cento de delegados sindicais de Navantia marchan a pé ata A Coruña para reclamar das administracións axuda. Nas gradas dos estaleiros só hai traballo ata o verán. // A CIG vai convocar unha folga xeral en Galicia na última semana de marzo. // Entre 70 e 100 mil persoas poderían estar afectadas en Galicia polas chamadas participacións preferentes. Terían investido neste produto financeiro enganoso unha media de 45.000 euros por persoa, que agora o banco non lles devolve. // Comeza a conta atrás para o congreso dos socialistas galegos. O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, preséntase á reelección co ánimo, asegura, de integrar ás voces críticas dentro do partido. // Dez anos de prisión, en total, é a pena que hoxe aceptaron na Audiencia de Pontevedra os tres arousáns, acusados de secuestrar e torturar en 2006 ao empresario de Ribadumia Román Santiago. // Muxicas, unha compañía de teatro de Ourense con once anos de vida, que conta no seu elenco con sete persoas cegas e con