Calcúlase que cada consumidor galego gastará entre  60 y 80 euros nas rebaixas, ...das que hoxe se inicia o período máis forte. Unha cifra que supón un lixeiro aumento, respecto ás do ano pasado.    Moitas das persoas que hoxe se achegan aos comercios fano para cambiar agasallos recibidos en nadal ou reis.Un  Xulgado de Cambados  dirixe a nova operación policial contra o carrexo de cocaína dende sudamérica. Foi interceptado  un pesqueiro con 1.500 kilos de droga. Entre os detidos están o histórico do contrabando, o arousán Rafael Bugallo Piñeiro, coñecido como O MULO.  O PSOE expulsa do partido ao exalcalde de Vigo Carlos Príncipe. Acúsao de prexudicar GRAVEMENTE os intereses da formación socialista ...por denunciar publicamente supostos casos de corrupción na xestión do actual alcalde , o tamén socialista Abel Caballero. (07/01/15)