A policía agarda os resultados das autopsias para determinar se as dúas mortes de Narón son froito da violencia de xénero. // Os estaleiros esperan recuperar a actividade coa aprobación este mesmo mes dun novo sistema de bonificacións fiscais para a construción naval. O comisario europeo da competencia dixo que recibiría o visto e prace antes da fin de novembro. // Ducias de latas de conserva guindadas á entrada da Deputación de Pontevedra. E unha nova protesta das traballadoras de Alfageme que reclaman o mantemento da empresa e dos 150 empregos. // Chega os mercados a que para moitos é a raíña dos mariscos. As primeiras centolas frescas da temporada acadaron nas lonxas prezos máximos duns 13 euros. // Este venres chega aos cines 'Todo é silencio¿, a última película de José Luis Cuerda, rodada en Galicia e con guión do escritor Manuel Rivas. // O Outono Fotográfico de Ourense. (06/11/12)