Vigo súmase ao transporte metropolitano quince meses despois de que o fixeran 12 concellos da súa contorna. O acordo é posible trala sinatura do convenio de adhesión do consistorio vigués ao plan da Xunta que se oficializou esta mañá en Vigo entre o presidente do goberno galego e o alcalde. A coalición En Marea segue barallando á fórmula para concurrir ás eleccións autonómicas e á elección de candidato á Presidencia da Xunta. A deputada electa Alexandra Fernñández dixo aquí, en Televisión Española, que, antes de elexir ese candidato, tratarán de mudar a actual fórmula de coalición entre Podemos, Esquerda Unida e Anova. A última fichaxe do Celta, o defensa Álvaro Lemos lesionouse hoxe, lesionase antes de rematar o seu primeiro adestramento. E, no Deportivo, dous novos xogadores pasaron hoxe recoñecemento medico.Son o gardameta coruñés Ruben Martinez e o centrocampista portugues bruno Gama. (06/07/16)