Dor en Vilalba tralo grave accidente de tráfico que lle custou a vida a un xove futbolista do Racing Vilalbés da Terceira División. O mozo falecido tiña 18 anos, era veciño de Lugo e volvía de adestrarse con outros dous xogadores, que resultaron feridos // Continuaron en Tui as declaracións xudiciais polo caso da chamada orde miguelianos. A avogada da acusación dí que moitos exmembros deste grupo sofren graves secuelas psicolóxicas sobre todo debido aos abusos aos que supostamente os sometía o fundador do grupo, Miguel Rosendo // O Presidente da Xunta salienta que o aumento dos procesos de transformación industrial do leite é a saída á actual crise de prezos. Pediu tamén que siga a modernización dun sector que é capaz de producir un 15 por cento máis, prese á diminución de explotacións. Foi na presentación dun plan de desenvolvemento rural que chega ata o 2020 e conta cun orzamento de 1.200 millóns de euros. 06/04/16