Mais de 1.500 fogares seguen sen luz catro días despois de que os ventos afuracanados provocaran numerosas caídas de árbores e danos nas liñas eléctricas. A maioría están na provincia da Coruña pero tamén hai moitos afectados no centro e sur de Lugo // Os temporais da semana pasada causaron danos en centros de ensino de Marín con 740 estudantes e de Boqueixón, preto de Santiago, onde uns 90 alumnos de secundaria serán reubicados // O Parlamento de Galicia deulles hoxe luz verde aos orzamentos da xunta para este ano que ascenden a 9.073 millóns de euros. 06/02/17