Fin de semana de festivos e primeira antes do nadal na que os comerciantes agardan facer boa caixa.Confían en que o bo tempo anime  a visitantes e locais a mercar máis adiantando as compras do nadal // Fiestras e portas Pechadas nas vivendas dos catrocentos xitanos zamoranos que viven no Porriño. Os seus fillos, un cento de pequenos, levan dous días sen acodir o colexio por medo a represalias. Viven atemorizadas por outro grupo de xitanos, en disputa polo control da venda ambulante // O policía ferido no atraco de Vigo hai unha semana mellora das feridas que sofriu, polos disparos do atracador. Un incidente no que falecera unha axente. 05/12/14