O Goberno galego comeza o seu traballo na nova lexislatura anunciando un plan para realoxar ás vítimas das execucións hipotecarias. Se a renda das familias e de menos de 532 euros mensuais terán un alugueiro social gratuíto. // A Deputación de Ourense anuncia o despedimento de 32 traballadores indefinidos para aforrar máis dun millón de euros en gastos de persoal. // Chamadas ao consenso en memoria do espírito constitucional. É a conmemoración institucional na véspera do día da Constitución. // As autoridades locais intentan facer unha fronte común para evitar o peche dos paradores de Ferrol e Verín, anunciado pola empresa. // A web REDEAXUDA creada en Pontevedra, leva case un ano coordinando as necesidades das entidades sociais e ONGS da cidade. // A escola politécnica de Lugo organiza a través de internet o primeiro campionato de España de modelado en tres dimensións a partir de fotografías de teléfonos móbiles. 05/12/12