Galicia é a cuarta comunidade máis segura de España. Así se reflexa no informe sobre a cantidade delictos cometidos nos primeiros nove meses do ano, feito público polo Ministerio do interior. Diminuíron en todos os ámbitos e sitúan a taxa de criminalidade 16 puntos por debaixo da media de España. A xunta aproba a estratexia de discapacidade ata o ano 2.020, que contempla un investimento de 800 millons de euros. Igualmente aprobou un novo sistema para facilitar solo industrial a novas empresas . Os empresarios galegos elixirán novo presidente na primeira quincena de xaneiro despois de que o actual, José Manuel Fernández Alvariño se vise forzado a convocar eleccións pola división interna. (05/11/15)