Pensionistas que foron emigrantes  ( máis de 11 mil en Galicia), pídenlle á Conselleira de Facenda que as reclamacións que lles está  a facer a administración polas pensións do estranxeiro,  lles afecten  só a partir do ano que vén. Solicitan que non lles reclamen as dos últimos cinco anos, porque -din- non foron informados no seu momento.   Veciños, hostaleiros e concello de Lugo agardan que a xuntanza que esta tarde van manter os traballadores da recollida do lixo e a empresa Urbaser... sirva para porlle fin á folga, que dura xa 57 días.Hoxe o Alcalde díxolles aos representantes veciñais que, durante o tempo que dure o conflito, non se vai cobrar o recibo por este servizo     Xa está na Coruña a selección española de Baloncesto que mañá se enfronta a Canadá  no primeiro partido de preparación para o mundial. O adestrador, e o capitán, , van explicar esta tarde, o seu plan de traballo na cidade galega, onde empezarán a por en práctica, o xogo, co que queren facerlles fronte aos seus