As fotos atopadas polos investigadores no ordenador de Alfonso Basterra poden darlle un xiro ao proceso xudicial pola morte da súa filla Asunta. Son imaxes nas que a pequena aparece en roupa interior e cunhas medias e que os investigadores considerarían pouco apropiadas para que figuren no arquivo de seu pai // A Xunta agradeceu hoxe o apoio dado polo Rei Don Xoan Carlos aos proxectos de Galicia e á consolidación das autonomías. Tamén aprobou un programa de investimento de 30 millóns de euros para empresas innovadoras dos campos da automoción, a farmacia, as novas tecnoloxías, a aeronáutica e a biomasa // O alcalde de Santiago ultima a lista cos candidatos para ocupar as nove concellerías vacantes. Ángel Currás asegura que disporá de varios funcionarios do propio concello e persoeiros como o ex árbitro de primeira división García de Loza. 05/06/14