Pendentes da decisión das autoridades sanitarias sobre as medidas que rexirán cando remate o estado de alarma, mentres segue a vacinación masiva, con Máis de 40.000 persoas citadas nun so día. Entre elas, o presidente da Xunta, que recibíu AstraZeneca, como corresponde ao seu grupo de idade. Feijóo di que as restriccións na hostalaría se poderán relaxar, pero falta concretar cómo se controlará o cumplimento // Os dirixentes políticos galegos extraen conclusións dos resultados electorais en Madrid nos que Isabel Díaz Ayuso foi a gran vencedora, e a esquerda resultou debilitada. // As liñas aereas lanzan voos a baixo custo para reactivar o turismo unha vez rematado o estado de alarma. Galicia incrementará de cara o verán 40 rutas aereas. // Entrega esta tarde dos Premios de Arquitectura e Rehabilitación de Galicia 2020. No acto, Houbo un recoñecemento Especial á Traxectoria profesional de Manuel Gallego Jorreto, que non pudo recollelo persoalmente pero enviou unha mensaxe defendendo a ar