Galicia conta dende hoxe cun observatorio contra a violencia de xénero. Un órgano de coordinación para previr o maltrato ás mulleres. Unha violencia que segue a aumentar. No que vai de ano catro perderon a vida a mans das súas parellas. En todo 2013 foran tres.  Un grupo de enfermeiras do Hospital Comarcal do Salnés, en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra protestaron ás portas do centro para reclamar máis medidas de seguridade. Séntense acosadas pola actitude agresiva do acompañante dunha doente.O centro só conta cun garda xurado.A Consellería de Sanidade di que está á espera dunha autorización xudicial para poder prohibirlle a entrada ao hospital.Os candidatos as eleccións europeas aceleran os actos de precampaña. O do partido popular, Francisco Millán Mon reivindicou a vixencia do proxecto europeista frente a outras opcións que o cuestionan. O socialista José Blanco dixo que votar ao pp é votar máis recurtes e o BNG anuncia unha campaña  para concienciar a ciudadanía da importancia das