Os presidentes dos Parlamentos autonómicos reúnense hoxe e mañá en Santiago para compartir experiencias nestes momentos especiais de crise. Din que nas cámaras autonómicas, cos seus deputados e gobernos, está parte da responsabilidade para saír desta situación. // Contra atrás entre os socialistas galegos para o congreso no que elixiran a nova dirección. // Novagalicia Banco anuncia que vai poñer máis de 6.000 millóns de euros a disposición de pequenas e medianas empresas galegas. // Está de volta en Vigo o buque oceanográfico Ramón Margalef, que durante catro meses se dedicou ao estudo da erupción volcánica submarina na illa del Hierro. // Deportivo e Celta continúan firmes, tras a fin de semana, encabezando a clasificación de Segunda e avanzando cara o ascenso. // Estivemos en Narón coa que está considerada a mellor banda tributo a Queen, e tamén con Brothers in Band, a réplica galega dos Dire Straits. 05/03/12