Galicia é a segunda comunidade autónoma na que mais baixou o número de desempregados inscritos nos rexistros públicos e a que acadou unha maior porcentaxe de descenso do paro. O número de desempregados diminuíu, no pasado mes de xullo, en 12691 persoas, o que supón un descenso do cinco e medio por cento, respecto ao mes anterior // No Xulgado de Caldas que instrúe o caso do asasinato das dúas nenas de Moraña, presuntamente a mans do seu pai, prestaron hoxe declaración tres novas testemuñas // O Parlamento Galego aprobou hoxe a modificación do finanzamento dos partidos políticos proposta polo PP.  Tamén a reforma do regulamento pactada entre os populares e o PSdeG-PSOE, e que contou co rexeitamento de BNG, AGE e o grupo Mixto. 04/08/15